Guías de inclusión




Fundación MAPFRE


Un dos principais obxectivos de Formando Comunidade é fomentar a educación integral en contornas desfavorecidas. Consideramos a educación integral como aqueles procesos que unha persoa debe ter cubertos para poder desenvolverse plenamente en todos os contextos e situacións da vida, sexa cal for a súa situación. A inclusión educativa pretende ademais facilitar o acceso á educación de todas as persoas independentemente da súa condición social, etnia, orixe, procedencia ou capacidades.
Para traballar a inclusión educativa a Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) deseñou unhas guías destinadas a que os docentes traballen con aqueles alumnos que teñen máis dificultades para aprender co fin de que atopen os medios e os apoios necesarios para logralo. Fundación MAPFRE pon este material de gran calidade ao seu alcance co obxectivo de que a Educación Inclusiva sexa unha realidade para os todos os nenos e novos, sobre todo os que contan con algún tipo de dificultade ou discapacidade.
A educación inclusiva aposta pola participación, o apoio aos que teñen máis dificultades de aprendizaxe, o recoñecemento dos grupos minoritarios ou as altas expectativas ante as posibilidades futuras de todos os alumnos, sexan cales sexan as súas aptitudes.


Fonte: Colegio San Vicente de Paúl
Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »