Proxecto EDIA: Recursos educativos abertos




O Proxecto EDIA (Educativo, Dixital, Innovador e Aberto) de CeDeC ofrécenos un banco de contidos educativos para Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. Trátase de recursos educativos abertos que nos permiten desenvolver o currículo completo de diversas materias.

O proxecto EDIA promove a creación de dinámicas de transformación educativa que melloran o rendemento dos alumnos e os seus resultados nas probas nacionais e internacionais de avaliación.


Así son os contidos do Proxecto EDIA
O enfoque metodológico destes recursos educativos abertos (REA) baséase en modelos como aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) ou Flipped Classroom. Cada REA expón unha experiencia de aprendizaxe coa que os alumnos desenvolven obxectivos do currículo oficial de cada materia.

Os contidos de Proxecto EDIA son recursos completos que inclúen todos os documentos, guías e materiais complementarios. Usando estes materiais será posible desenvolver todos os contidos e obxectivos do currículo.

Os recursos son creados coa ferramenta de autor exelearning. Calquera docente pode acceder aos REA (na web de CeDeC ou no espazo Procomún) para usalos directamente, descargalos e modificalos para que se adapten ás necesidades de cada grupo-clase ou mesmo de cada estudante.


Fonte: CeDeC
Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »